EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A I Feira do Porto da Barca-rúa Real (O Barco) cobra vida con multitude de propostas

 

A partir das cinco desta calurosa tarde de sábado poñíase en marcha a I Feira de artesanía do Porto da Barca e na rúa Real (O Barco) coa apertura dos seus postos e co inicio de diversas actividades.

Esta mostra, promovida pola Concellería de Turismo do Barco, terá un horario de 17h. a 21h. este sábado, e nela poden visitarse os postos de diversos produtos artesáns e tradicionais. Ademais o público pode participar en obradoiros de artesanía en coiro, pintura, madeira, barro e mesmo de elaboración de queixo.

Ademais outra novidosa e exitosa proposta está a ser a de cruzar o río en lancha, como se facía en tempos, dende o Porto da Barca. Numerosas persoas, moitas deles nenos, desfrutaban xa desta actividade dende primeira hora da tarde. Ademais, para velar pola seguridade, cóntase coa colaboración de Protección Civil do Barco e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras.

 

 

A instalación desta feira suporá o corte do tráfico pola rúa Real e pola zona do Porto da Barco durante o horario da mesma neses dous días. O domingo esta feira, que se enmarca na celebración da Festa do Casco Vello, funcionará de 12h. a 14h. e de 17h. a 21h.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button