En portadaGalerías de fotos

A Idade Media faise festa en Tremiñá

O XI Mercado Medieval de Veigamuíños-Tremiñá (O Barco) conta cuns 70 postos e desprega un amplo abano de actos

Con once edicións xa as súas costas, o XI Mercado Medieval de Veigamuíños-Tremiñá recrea de novo nesta localidade barquense a atmósfera festiva, musical, lúdica e mesmo comercial propia da Idade Media os días 19 e 20 de xullo. Un dos seus reclamos é
a exposición e venda de produtos de diverso tipo nos ao redor dos 70 postos que poderán verse este ano na feira. Dende verduras, froita, deliciosos e variados doces, licores e bebidas refrescantes ata libros, roupa, orfebreira, artesanía do coiro e da pedra… E como novidade nesta ocasión haberá un stand con xoguetes tradicionais para nenos e outro de artesanía con estaño.

Este mercado medieval cobraba vida a partires das seis da tarde do sábado 19 de xullo. Ademais da exposición e venda, incluía un amplo e variado abano de propostas lúdicas e culturais, como é o caso da demostración de fiada, cestería e palilleiras que poderá verse de sete a oito da tarde. E comezará tamén o V Torneo de bolos. O teatro foi outro dos reclamos deste mercado. E así o grupo Pisabarros de Veigamuíños representaba ao aire libre a peza “Cincocentos anos e un día”. De seguido, subíanse ao escenario as Pandereteiras de Veigamuíños e, tras a súa actuación, tiña lugar o acto de entrega de premios do VI Concurso Literario en Galego deste Mercado Medieval, adicado este ano á temática da muller. Logo houbo danza medieval e, a continuación, con baile e verbena (ás 22h.).

A actividade desta mostra retomarase a partires do mediodía do domingo 20 de xullo. As persoas que se acheguen ata Veigamuíños poderán desfrutar de pulpo á feira e viño en postos do mercado. Xa pola tarde, a partires das sete, o ritmo tradicional dos gaiteiros de Veigamuíños envolverá o entorno do certame. Realizaranse tamén exhibicións de fiada, cestería e palilleiras e desputarase a final do campionato de bolos, cuxo ganador levará como premio un xamón. Ás 20 h. a praza acollerá un dos actos do mercado que máis público reúne: a demostración de malla e criba. E ás 21:30h. actuará o grupo Tornaxeira.

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button