ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A igrexa de N. Sra. de Fátima en Fontei (A Rúa) reabre as portas

A misa de diario celébrase ás oito e media da tarde e a do domingo, ás once e media da mañá

 

Máis de dous meses despois de entrar en vigor, seguimos en estado de alarma, pero o pase á Fase I da desescalada cara “unha nova normalidade”, trouxo a recuperación de certas actividades aínda que con moitas restriccións e medidas de seguridade e hixiene.

Un exemplo témolo templos de culto, que pouco a pouco van recuperando a programación relixiosa. No caso concreto da igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei (A Rúa), celebraba o pasado mércores 13 de maio unha misa pola Virxe de Fátima, a porta pechada e cun número moi reducido de asistentes, sendo na tarde de onte, sábado 16 de maio, cando se celebraba a primeira misa coas portas abertas.

 

Fachada principal da igrexa de Fátima en Fontei, A Rúa.

 

E así permanecían nesta mañá de 17 de maio para a celebración da misa dominical, seguindo as medidas establecidas por Sanidade. Á entrada da igrexa hai un dispensador de xel hidroalcohólico para que a xente lave as mans antes de entrar, e dúas persoas controlan que todos o asistentes teñan a mascarilla posta e se coloquen nos extremos dos bancos para manter a distancia de seguridade. Un veciño incluso tivo que quedar fóra por non levar a mascarilla. É duro pero tamén necesario cumprir coas medidas para evitar un repunte nos contaxios.

Nesta parroquia ruesa as misas de diario son ás 20:30 horas e a do domingo ás 11:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button