SanidadeÚltima hora

A II andaina e trail de Rubiá polo cancro infantil celebrarase o 9 de xuño

O prazo para inscribirse nas probas remata o 31 de maio

Valdeorras é unha comarca solidaria e mostra diso é o elevado número de actividades, especialmente deportivas, organizadas en beneficio dalgún colectivo ou para loitar contra algunha enfermidade. Pola súa virulencia e a gran cantidade de afectados, o cancro é un dos máis frecuentes. Hai apenas unha semana, A Rúa acollía a V edición da súa carreira contra o cancro e no vindeiro mes de xuño, tocaralle o turno a Rubiá.

A II edición da andaina e trail solidaria polo cancro infantil celebrarase o domingo día 9 cun percorrido de 12 km. e saída na praza da Baicela. Ese será o punto no que poderán recollerse os dorsais a partires das 9h. para dar comezo unha hora máis tarde á andaina e ás 10:30h ao trail.

O prezo da inscrición é de 5 euros para menores de 16 anos e de 10 euros para o resto (inclúe camiseta e xantar no pavillón), e o prazo para anotarse remata o 31 de maio. Pode facerse na Librería Tere, na Farmacia e en Trastos, en Rubiá; en Tri-Sport A Rúa e O Barco; e en Bicis Chapi, no Barco.

A proba está organizada polo Concello de Rubiá e polo Grupo de Espeleoloxía e Montañismo Águilas Verdes.

Artigos relacionados

Back to top button