ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A II Cea do CarnaVrao de San Cristóbal reúne a máis de 700 persoas na Rúa

As mesas ateigadas de xente distribuíanse ao longo de toda a rúa Doutor Vila

Malia o éxito de asistencia da primeira edición, con case 500 persoas, era difícil prever que a II Cea do CarnaVrao de San Cristóbal da Rúa superaría esa cifra, pero así foi.  Máis de 700 persoas ateigaban, na noite do 5 de xuño, unha fermosa e iluminada rúa Doutor Vila, con mesas dende a zona superior que conflúe coa Progreso ata o final chegando case á praza da Estación.

A xente ten gana de festa e iso nótase. Trala presentación do Centro Cultural Avenida, o ritmo da charanga Europa pola vía principal da Rúa (con parada nas terrazas dalgúns bares), marcaba o comezo dunha multitudinara e animada cea elaborada e servida, un ano máis, por Mantesil, a base de entremeses, ensalada de pasta, e costela asada con patacas tamén asadas. Tampouco faltou o viño, cervexa e refrescos (hai varios bares nesa mesma rúa), así como a música da charanga e da discoteca móbil Danzalia, para facer desta noite, na que tamén acompañou o tempo, algo especial.

Con todo, o acto central do CarnaVrao, o desfile, terá lugar esta tarde a partir das sete e media con saída na adega coopertativa Virxe das Viñas. Para ir entrando en materia, durante a cea xa pudo verse algún disfraz como un grupo de diabos e un equipo de fútbol feminino.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button