DeportesÚltima hora

A II edición da Pilgrim Race chega mañá a Vilamartín de Valdeorras

A montañeira Edurne Pasabán é unha das participantes nesta carreira polo Camiño de Inverno
Participantes na I edición da carreira, na zona do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

Por segundo ano consecutivo Vilamartín de Valdeorras é unha das paradas da Gaes Pilgrim Race, unha aventura en bicicleta de montaña que transcorre polas sendas do Camiño de Santiago a través de dúas rutas moi singulares: a de Madrid e a do Camiño de Inverno.

Os máis de 150 participantes inscritos nesta II edición da carreira partían o domingo 1 de xullo dende Madrid percorrendo unha gran parte dos máis de 600 quilómetros totais dos que consta, por rutas marcadas seguindo camiños de peregrinación que repartiron en sete etapas. A quinta, que realizarán mañá xoves día 5, entrará en Valdeorras a través do Camiño de Inverno. O trazado parte de Astorga e chega ata Vilamartín (área recreativa do Bañadoiro) de onde partirán os deportistas ao día seguinte, 6 de xullo, para completar a sexta etapa ata Chantada.

 

Edurne Pasabán durante unha conferencia. /Foto: Facebook Edurne Pasaban.

 

Tal como explica o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez, as tres etapas que quedan para chegar a Compostela forman parte do apartado de “experiencias” e non son competitivas polo que os ciclistas irán chegando ao longo do mediodía e da tarde. “Se non se paran moito nos pobos anteriores, pode que en torno ás 13 horas xa cheguen os primeiros, asegura”.

Nunha edición na que as mulleres son as protagonistas, entre as participantes na carreira en BTT polas rutas xacobeas está a montañeira Edurne Pasabán.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close