A VeigaConcellosEn portadaÚltima hora

A II Feira de Montañas de Trevinca, calidade e produtos locais

Nesta xornada de domingo aínda pode visitarse esta mostra, instalada no centro da vila da Veiga

 

Media ducia de postos con produtos locais de calidade participan na II Feira Montañas de Trevinca, que se desenvolve nesta fin de semana na Veiga. O recinto feiral está instalado no centro desta vila, xunto á Oficina de Turismo.

 

 

Ademais de mel (de bosque, breixo, castiñeiro e multifloral) e a faba loba, xa presentes na primeira edición desta mostra, nesta ocasión os visitantes tamén poden atopar, como novidade, queixo elaborado nesta zona de montaña da comarca de Valdeorras.

 

 

Nesta galería de imaxes facemos un percorrido por cada un dos expositores desta segunda edición da feira e polos seus produtos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button