EconomíaEconomíaÚltima hora

A II “Noite Branca” de Quiroga reta á chuvia

Nove establecementos comerciais participaban nesta iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

Publicidade

 

Entre as 21h. e a as 00h. deste venres 2 de xullo, celebrábase en Quiroga a II edición da “Noite Branca”, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel para fomentar as compras no pequeno comercio, no que participaban nove establecementos, a maioría do sector téxtil pero tamén dúas librarías e unha tenda de electrodomésticos (Milar Secinga, Librería Celia, ETNA, Xobel, Librería Carmen, Aljayde, Vai Japi, Z&C e Modas Eva).

 

Almudena Rodríguez, vicepresidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios Montañas do Courel.

 

Dende a organización aseguran que o tempo non acompañou. “Choveu un pouco e moita xente non se animou a saír pero así e todo si houbo ambiente sobre todo a primeira hora”, explica Almudena Rodríguez, vicepresidenta do colectivo de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, provisionalmente á fronte da asociación trala demisión do presidente.

Contenta co resultado, Almudena adianta que para a vindeira edición posiblemente o fagan un pouco máis adiante “cando haxa máis xente de fóra, pero si o faremos, mellorando ano a ano”, asegura.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button