ConcellosÚltima horaVilamartín

A III Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín segue sumando participantes

 

Segue en marcha a III Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín de Valdeorras. Nesta xornada de 22 novembro son tamén moitas as persoas que están a participar nesta edición virtual, realizando diferentes traxectos (a pé, correndo ou en bicicleta) por diferetes partes da comarca e mesmo fóra dela.

Achegamos algunhas das imaxes remitidas polos participantes nesta iniciativa solidaria e deportiva. Ademais, hai que lembrar que aqueles que non estean inscritos, poden sumarse a esta causa benéfica ata as 23:59 horas do 22 de novembro en https://lastlap.com/net/carrera-cancer-pancreas/

E aqueles que queiran que se publique a súa foto poden enviala a redaccion@osil.info.

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button