A III carreira e andaina contra o cancro da Rúa será o 6 de maio

A saída e a meta estarán instaladas na Estación de Autobuses e o percorrido será duns 7 km

Participantes na II edición da carreira contra o cancro da Rúa./Foto: Carlos G. Hervella.

O deporte e a solidaridade danse a man unha vez máis na Rúa. A carreira e andaina contra o cancro da Rúa quenta motores, preparándose para a III edición que se celebrará o domingo 6 de maio pola mañá.

Con saída e meta na Estación de Autobuses, o percorrido será totalmente chairo, duns 7 km, pola ribeira do Río Sil e un tramo urbano. Está organizada polo Club Atletismo Rúa coa colaboración de comercios de todo Valdeorras (Gadis, Gaseosas Roca, Trisport,…), do Concello da Rúa e Protección Civil.

Tal como avanzan dende a organización contarán cun padriño (destacable musicalmente) e haberá sorteo de agasallos dos establecementos colaboradores en torno ás 13:30h.

Quen desexe participar pode inscribirse (10 euros) na web www.carreirasgalegas.com e nas tendas Trisport da Rúa e do Barco. A recadación será donada á Asociación Española Contra o Cancro.

 

Cartel da III edición da proba solidaria.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies