CulturaCulturaÚltima hora

A III edición do Festival e Feira Medieval no Castelo de O Bolo celebrarase o 20 de abril

O evento, que mestura cultura e tradición, enmárcase este ano na XII Festa da Vitela
Presentación do III Festival e Festa Medieval de O Bolo.

O III Festival e Feira Medieval no Castelo de O Bolo, un acto que mestura cultura e tradicións centenarias, celebrarase o 20 de abril coincidindo coa XII Festa da Vitela.

Un mercado medieval, mostra e exhibicións de cetrería e música tradicional, co protagonismo da Real Banda de Gaitas coa súa formación xuvenil e as cantareiras, entre outros artistas, conforman un amplo programa de actividades que era presentado na mañá do 9 de abril no Pazo Provincial coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de O Bolo, Manuel Corzo; o director da Real Banda de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o experto en cetrería e representante de “Rapiñas do Salnés”, Evaristo González; e os membros da organización da festa, Leo e Rodrigo Vázquez.

Rosendo Fernández destacou “o grande reclamo turístico que supón o Castelo de O Bolo, reconstruído en 1999 polo impulso do alcalde Manuel Corzo”, remarcando que a Deputación de Ourense “apoia este festival e festa medieval polo que supón de promoción das nosas tradicións”. Na mesma liña, Xosé Lois Foxo dixo que actividades deste tivo “contribúen a dinamizar o mundo rural da man da cultura, a arte, as tradicións e os saberes populares”, e salientou que o programa deste ano “céntrase na homenaxe aos gaiteiros “Os raparigos do Ferrol”, que actuarán no festival, contando, ademais, coas actuacións do gaiteiro á usanza medieval Javier Franco; do grupo de zanfonas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense; das Cantareiras de Seitura de Lentellais, e da cantante Lucía Pérez, quen interpretará un romance medieval, acompañada polas Cantareira da Real e por un organistrum medieval.

O alcalde do Bolo pola súa banda, agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense “para facer realidade un ano máis esta celebración no concello máis turístico de Valdeorras” e destacou que nesta edición haberá tamén unha homenaxe á viticultura e ao enoturismo da comarca bolesa.

Artigos relacionados

Back to top button