OurenseÚltima hora

A III edición do Festival RiR de Allariz terá lugar do 2 ao 6 de setembro

Este ano estará adicado á figura da comedia, Harold Lloyd

A III edición do Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) de Allariz terá lugar entre o 2 e o 6 de setembro. Dende a organización explican que “debido á actual situación, vémonos na obriga de adaptar o festival, polo que esta edición será moito máis audiovisual para poder controlar aforos. Teremos moita menos programación de rúa e estrearemos varios filmes de comedia que non puideron pasar polo cinema debido ao peche dos mesmos”.

Coma cada edición, o festival está adicado a unha figura da comedia e desta volta o homenaxeado é Harold Lloyd, de quen se poderá ver un ciclo das súas obras na Fundación Vicente Risco. Por outra banda, o cartel foi deseñado de novo por David Calviño.

 

Cartel do festival.

Artigos relacionados

Back to top button