DeportesÚltima hora

Os “xabaríns” ciclistas percorren os montes da Rúa

A III ruta BTT reunía a máis de 200 participantes que desafiaron á chuvia

Preto de 230 ciclistas se daban cita na mañá do 6 de xullo diante do pavillón polideportivo da Rúa, para participar na terceira edición da Ruta BTT Jabalíes.

O tempo non acompañaba, polo menos a primeira hora, chovendo a cántaros, por iso a organización decidía retrasar media hora a saída. Así, pasadas as dez da mañá do primeiro domingo do mes de xullo, os participantes entre os que se atopaba un ano máis o convidado de honra Ezequiel Mosquera, comezaban o percorrido: 28 quilómetros para a ruta verde e 48 para a vermella, máis dura e pola que apostaron a maioría dos corredores.

O percorrido embarrado pola chuvia, dificultaba a xa de por si complexa ascensión por sendeiros e camiños ata San Xulián ou Roblido, onde a néboa esperaba aos “xabaríns” que, facendo honra ao nome do club, cruzaban a meta cubertos de barro.
Pasadas as doce do mediodía, chegaban os primeiros ciclistas da ruta vermella: Ezequiel, Tono e Víctor os dous últimos da Rúa.
Trala proba, non competitiva, moitos deles compartiron un xantar no polideportivo, quedando emprazados para a vindeira edición.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button