CulturaCulturaÚltima hora

A imaxe de Baco vai collendo forma no mural adicado ao Camiño, na Rúa

 

Hai apenas catro días era só un conxunto de cuadrículas e figuras negras e vermellas e hoxe, o rostro do Deus Baco xa centra o mural sobre o Camiño de Inverno na Rúa.

A imaxe do deus do viño, será unha das protagonistas do debuxo que o artista Juan Carlos Abraldes está realizando nun dos muros do túnel na Avenida de Somoza, unha das principais entradas da Rúa, na que tamén aparecerán outros emblemas da vila e, por suposto, varios peregrinos, conformando un fermoso deseño que estará listo en dúas semanas. “É o tempo que me deron para facelo”, asegura Juan Carlos, que estes días ten que enfrontarse ás baixas temperaturas.

A elaboración deste mural é unha das iniciativas do proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras que conta coa colaboración do Concello da Rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button