OurenseÚltima hora

A imaxe e a música únense no proxecto “Ourense no Camiño” para promocionar as rutas xacobeas da provincia

A iniciativa conta na súa parte musical con temas orixinais

Peregrinos polo Camiño de Inverno./ Foto cedida.

 

O proxecto “Ourense no Camiño”, ten como obxectivo mesturar audiovisual e música para promocionar as rutas xacobeas da provincia e os concellos polas que discorren. O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, destacou hoxe, na presentación que tivo lugar no Pazo Provincial, que esta iniciativa “é un documento gráfico e sonoro que pon de relevo a tradición e a importancia dos camiños xacobeos na nosa provincia” e que nos achega “unha visión global destas rutas”. No acto, o vicepresidente estivo acompañado pola produtora executiva do proxecto, María del Carmen González, e polo director artístico, Xabier Vaz.

 

Rosendo Fernández, María González e Xabier Vaz, na presentación do proxecto.

 

“Potenciar os camiños da provincia de ourense e dar a coñecer a riqueza cultural e histórica dos concellos polos que pasan” é a finalidade desta proposta, afirma María González, que culminará cunha serie de concertos e coa edición dun vídeo promocional referido aos municipios participantes, eventos que se celebrarán a partires do verán de 2020 e ao longo de 2021. “Trátase de vivir, coñecer e degustar a provincia de Ourense a través da imaxe e da música, unida aos seus Camiños”, remarca María González. O proxecto conta na súa parte musical con temas orixinais “nos que levamos traballando dous anos”, explica Xabier Vaz, quen subliña que esta iniciativa pretende “ofrecer concertos dentro e fóra da provincia de Ourense, para levar por diferentes ámbitos territoriais o que supón a tradición xacobea no noso territorio desde o medievo ata a actualidade”.

Artigos relacionados

Back to top button