ConcellosÚltima hora

A inestimable axuda de Protección Civil durante o estado de alarma

Os voluntarios da agrupación de Petín realizan labores de desinfección e tamén axudan aos veciños que o necesitan coas compras

 

Ante o estado de alarma decretado polo Goberno de España para loitar contra o Covid-19, toda axuda é pouca. E o papel que están desenvolvendo os voluntarios de Protección Civil nos diferentes concellos, é simplemente impagable.

Un exemplo témolo en Petín, onde os membros da AVPC non só levan a cabo os necesarios e importantes labores de desinfección en rúas e espazos públicos, senón que tamén se encargan de levar alimentos e medicinas aos veciños que o necesitan de diferentes pobos do municipio.

Con respecto ás tarefas de desifección, con produtos mercados polo Concello, o 1 de abril comezaron a segunda pasada tanto por Petín como polo restode pobos do concello, facendo especial fincapé no Centro de Saúde, a praza, a farmacia e a panadería por ser, segundo Protección Civil “os puntos con maior volume de xente”.

Fotos: Carlos G. Hervella e Protección Civil de Petín

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close