En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A instalación artística danada a pasada fin de semana volve a acender as augas do Sil no Barco

“Little Venice”, obra de Jorge Barredo, colocábase xa reparada na tardiña do 12 de setembro no río

Tras varios días de traballos para reparala, a obra “Little Venice”, que forma parte parte de enBarcAarte, o Iº Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano, volve a lucir acesa sobre as augas do río Sil, moi preto do Malecón do Barco. Esta peza, realizada polo artista barquense e comisario da mostra Jorge Barredo, resultaba danada nunha acción vandálica apenas unhas horas despois da inauguración do festival, na noite do 8 de setembro.

Logo de ser reparada, era novamente colocada no río Sil na tardiña do 12 de setembro. A través desta obra Barredo plantexa unha reflexión de forma poética entre a presión urbanizadora e os entornos naturais. Esta instalación é unha das sete (realizadas por tres artistas e dous colectivos) que poderán verse ata o vindeiro 30 de setembro en diferentes espazos públicos do Barco. Cada unha delas conta tamén a partir de agora cun panel explicativo.

Fotos cedidas por Jorge Barredo.

 

Panel informativo dunha das instalacións do festival.

 

Outro dos paneis.

Artigos relacionados

Back to top button