PolíticaÚltima hora

A intelixencia artificial chega á campaña electoral do 26M

Un robot pide o voto para Democracia Ourensana, unha das 15 candidaturas a alcaldía de Ourense
“Pepper” o robot que pide o voto para Democracia Ourensana, na rúa do Paseo. /Foto: Carlos G. Hervella.

Queda apenas un día e medio de campaña para as municipais do 26M e os grupos políticos apuran as súa axenda, botando man de todos os recursos dispoñibles, incluso da intelixencia artificial.

É o caso de Democracia Ourensana, unha das 15 candidaturas á alcaldía de Ourense, que na mañá do 23 de maio sorprendía aos viandantes da rúa do Paseo cun personaxe moi peculiar: “Pepper” un robot humanoide con apariencia de neno que tanto baila a canción electoral do partido de Gonzalo Pérez Jácome como reproduce frases nas que pide o voto para esta formación.

Artigos relacionados

Back to top button