OurenseÚltima hora

A International Galician Wine Week recala na D.O. Ribeiro

Os xornalistas especializados participantes neste programa do Igape conclúen nesta zona vitivinícola a visita polas denominacións de orixe da provincia de Ourense
O grupo de xornalistas co presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, no local social da Madalena (Barrio Xudeu Ribadavia)./ Foto: CRDO Ribeiro.

 

Un grupo xornalistas internacionais, chegados dende Bélxica, Reino Unido, Estonia, Rusia, Holanda ou Perú, están a participar no programa de visitas denominado International Galician Wine Week, organizado polo IGAPE da man do sumiller Luis Paadín, que percorría o 2 de outubro a Denominación de Orixe Ribeiro.

“O programa iniciouse coa chegada onte á tarde ao territorio da D.O. Ribeiro para coñecer de primeira man as súas características, a través dos seus viños, uvas, viñedos e xentes”, explican dende o seu consello regulador. O grupo, acompañado polo presidente desta D.O., Juan Manuel Casares Gándara, disfrutaba dunha cea tradicional cunha mostra de 20 de viños do Ribeiro.

Ademais na mañá do 3 de outubro visitaban o terreo da D.O. Ribeiro vendo viñedos, algúns xa vendimados e outros no proceso de recolección da uva, trazando unha ruta polos concellos de Cenlle, Leiro, Beade,… para chegar a Ribadavia, onde se celebrou un xantar tradicional con polbo á feira e carne ao caldeiro, harmonizado con outro túnel de viños da D.O., integrado por outras 20 referencias entre viños brancos e tintos.

Artigos relacionados

Back to top button