CulturaCulturaÚltima hora

A investidura de Ángel Fernández como Membro de Mérito do IEV será o 25 de setembro no Casino do Barco

O acto será ás 20 horas no segundo andar do edificio da asociación ubicado no Paseo do Malecón

O barquense Ángel Fernández Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

En “recoñecemento aos méritos excepcionais que concorren na súa persoa, non só pola laboura importante da súa xestión á fronte do IEV, senón tamén pola que fixo noutras institucións culturais coma o Casino ou a Confraría Xesús Nazareno; polas publicacións que fixo sobor da historia de Valdeorras en varios cadernos do IEV e programas de festas dando a coñecer a moitos persoeiros nados en Valdeorras”.

Por estes e outros motivos, o Instituto de Estudos Valdeorreses decidía nomear Membro de Mérito ao que fora presidente e membro activo do Instituto, Ángel Fernández Fernández. A investidura será o vindeiro 25 de setembro nun acto que se celebrará ás 20 horas no segundo andar do Casino do Barco. “Será un acto solemne con todos os protocolos ao que acudirán os outros Membros de Mérito do IEV que estén vivos, e que constará dunha presentación, as correspondentes intervencións e unha actuación musical”, asegura o presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.

Seguindo o protocolo Covid, o aforo estará limitado dacordo coas medidas sanitarias vixentes o día da celebración, sendo obrigatorio o uso da mascarilla.

 

Invitación para asistir ao acto.

Artigos relacionados

Back to top button