AutomobilismoDeportesÚltima hora

A IV Concentración Concello de Larouco terá lugar o vindeiro 19 de xullo

A xuntanza de clásicos organizada por Laroucautos contará cun xantar na Rúa

Laroucautos (un grupo de amigos afeccionados ao motor) organiza a Concentración Concello de Larouco que reunirá aos clásicos o domingo 19 de xullo, xa que nun principio íase celebrar o pasado 15 de marzo, pero por mor da pandemia do Covid-19 tivo que aprazarse.

 

Clásicos na anterior edición da concentración, en Larouco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Así, o programa arrancará ás 10 da mañá coa exposición de vehículos na explanada do polideportivo de Larouco ata as 12h. De seguido os participantes comezarán a ruta ata a rúa Doutor Vila, na Rúa, onde permanecerán expostos ata as 14:30h. aproximadamente. Nese momento darán unha volta polo municipio rematando no Hotel Espada onde terá lugar o xantar.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button