ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A IV Festa da Familia reúne a nenos e maiores na Residencia Ntra. Sra. de Fátima da Rúa

A celebración tiña lugar na tarde do 25 de outubro e contou con música, baile e teatro

 

Moi animada estivo a tarde do 25 de outubro na Residencia N. Sra. de Fátima da Rúa. E non é para menos xa que as súas instalacións acollían a IV Festa da Familia, organizada polo propio centro, cun completo programa cheo de música que contou con moitos colaboradores.

Con pequenas variacións sobre o previsto, o programa arrancaba coa canción Tinanic interpretada por Julia do Club Patatero do Bolo; e continuaba cunha estudada coreografía das traballadoras do centro. De seguido tocáballe o turno ao grupo de teatro A Ruada que fixo rir ao público (residentes e familiares) cun fragmento da divertida obra A tía lambida. O programa continuaba con música, desta volta aos teclados, coa interpretación de Alleluyah por parte de Fátima Pérez que tamén bailaba máis tarde xunto a Miriam o tema Billie Ellish (Bad Guy) arrancando sonoros aplausos.

 

Luisa Pérez e a súa familia coa tarta de aniversario. /Foto cedida.

 

As nenas máis pequenas do Club Patatero bailaban o tema Señor Don Gato; mentres que un grupo de usuarios e traballadores interpretaban a canción popular galega A Rianxeira; e Elías (á gaita) e Mercedes protagonizaban un baiel tradicional galego. O broche á velada, antes da merenda, poñíao un grupo de músicos de Viana do Bolo que tocaban varios temas moi coñecidos (primeiro á guitarra e despois ás pandeiretas) convidando ao público a cantar con eles.

Entre medias tamén houbo espazo para os bailes e a festa remataba coa celebración do centenario dunha das usuarias, Luis Pérez.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button