A IV KDD Racing de Petín ten preparadas grandes novidades

O acto central será o sábado 29 de xuño a partires das catro da tarde no Campelo

Mostra de coches no Campelo, na anterior edición da KDD.

Da man dun grupo de amigos amantes dos rallyes e do mundo do motor, nacía hai cinco anos a KDD Racing de Petín, unha xuntanza de afeccionados aos coches racing (preparados para correr pero homologados para ir por estrada) que tivo unha gran acollida, aumentando edición tras edición.

Coa idea de seguir mellorando e perfeccionando o multitudinario evento, La Granja Racing decidía facer un parón no 2018 para regresar este ano máis forte que nunca, con moitas novidades e grandes expectativas.

A cita será este sábado 29 de xuño cun programa similar ás anteriores edicións. “Pola mañá os coches estarán expostos no pobo, a carón da zona de acampada fronte ás piscinas, despois teremos o xantar e sobre as catro da tarde comezará o espectáclo na explanada (antes de chegar a Mones) e aí haberá moitas novidades e sorpresas”, explica Román Catarino, o speaker das anteriores edicións e un dos membros implicados na organización deste ano.

 

Román falando co público na KDD de 2017.

 

El mesmo explica que a principal novidade e un dos grandes atractivos desta edición, será o sorteo dun Volkswagen Golf de 110 cabalos e totalmente restaurado, para o que venderán rifas a 5 euros. Tamén contarán con dous profesionais de drift (unha moza de Pontevedra e un mozo da zona de Lugo) que darán un bonito espectáculo; e por primeira vez, elixiranse entre todos os inscritos, os 45 mellores coches que se exporán nun espazo especial (Mitsubishi, RS5, BMW R2,…). “Tamén hai moita afluenza de coches xaponeses como Honda e haberá un lugar reservado para eles”, engade Román, destacando unha das novidades que el considera persoalmente máis relevante polo traballo que implica: a creación dun coche racing propio a partir dun Panda no que dous compañeiros levan meses traballando.  “Puxéronlle un motor 2000 con turbo ademais de modificarlle os cabalos… Por peso e cilindrada, temos 300 cabalos polo menos. A xente vai alucinar polo aspecto, a velocidade e o ruído”, asegura.

Precisamente na procura do ruído dos tubos de escape (ese especial son que caracteriza aos coches de carreiras) e o espectáculo sobre catro rodas, se acerca a xente ata Petín. “Será algo especial”, di Román esperando senón duplicar, si aumentar considerablemente os máis de 200 inscritos da anterior edición. “Xa imos en 300 así que as previsións son boas”.

Promoción,  esforzo empeño estano poñendo, o resultado verémolo e escoitarémolo o sábado.

Máis información na seguinte ligazón: https://www.osil.info/petin-preparase-para-a-iv-edicion-da-kdd-racing/

Escoitando os tubos de escape na III KDD Racing.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies