EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A IX Festa da Vendima, en Punxeiro

Esta celebración terá lugar na tarde-noite do 10 de outubro nesta localidade de Viana do Bolo
Participantes na pasada edición da Festa da Vendima de Punxeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na pasada edición da Festa da Vendima de Punxeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Punxeiro celebra a IX Festa da Vendima, unha cita que este ano está prevista para o 10 de outubro. O seu programa comezará a partires das seis e media da tarde coa lectura do pregón na praza de Punxeiro. Previamente os participantes poderán mercar a súa entrada a un prezo de 13 euros.

O punto de partida do percorrido acostuma ser a praza. Dende alí o son de tres grupos (Os Bertolini, a Charanga Madialeva e a Sorpresa) irá guiando o percorrido polas tres primeiras adegas. Ademais de viño, os participantes poderán degustar unha gran amplitude e variedade de pinchos salgados e tamén doces, elaborados polos veciños de Punxeiro. Logo irán visitándose ás seguintes. A partires das once da noite a celebración continuará no campo da festa coa actuación dos grupos Tekila e Yucatán.

Para facilitar o acceso de visitantes a organización ofrecerá un servizo de autobuses que partirá da praza de Viana ás 17h. e regresará ao fin da festa. Tamén se disporá dunha zona de acampada libre. Esta IX Festa da Vendima será organizada pola Comisión de Festas de Punxeiro.

Artigos relacionados

Back to top button