ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A IX Festa do Codillo da Rúa, en imaxes

A cita gastronómica contou con máis de 850 comensais

Preto de novecentas persoas asistían no mediodía do 30 de xaneiro á IX edición da Festa do Codillo da Rúa. Unha cita gastronómica na que non faltou a comida (co codillo como prato principal), a música e as homenaxes.

Antes de comezar o xantar no pavillón municipal, o salón de plenos do Concello acollía o acto institucional que tivo como protagonistas á Agrupación de Protección Civil da Rúa, á Agrupación de Teatro A Ruada, ámbolos dous polo 25 aniversario, e á familia de José Ferreira, traballador no Concello falecido hai uns meses.

Un ano máis, tanto no acto previo como durante a comida, estivo presente a delegación de Almendralejo, localidade irmanada coa Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button