EconomíaEconomíaÚltima hora

A IXP Castaña de Galicia, anfitrioa no xantar de confraternidade dos consellos reguladores galegos

Un cento de persoas asistía a esta comida anual, celebrada en Monterroso
O presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá, durante a súa intervención no xantar.

A localidade lucense Monterroso acollía o 19 de marzo o xantar anual de confraternidade dos consellos reguladores galegos, organizado polo consello da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, que preside Jesús Quintá. No encontro, do que cada ano se ocupa un consello regulador, participaban todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas da comunidade, ademais do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Entre o cento de asistentes estaba a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, así como a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto. O presidente da IXP Castaña de Galicia daba a benvida aos participantes, e agradecía e recoñecía o labor do personal dos diferentes organismos galegos no seu traballo a prol da calidade.

Ademais a conselleira do Medio Rural destacou que Galicia é a terceira comunidade española con máis denominacións de calidade agroalimentaria, un total de 33, só superada por Cataluña e Andalucía. Tamén puxo en valor a xeración de riqueza destas producións amparadas, que suman uns 360 millóns de euros de volume de negocio ao ano, engloban unhas 800 industrias e aglutinan arredor de 28.000 titulares de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade.

Un dos momentos da comida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close