EconomíaEconomíaÚltima hora

A IXP Pataca de Galicia promociónase nas principais estacións de metro de Madrid

Está presente en 100 mupis co lema "Para os que non se quedan na superficie. Pataca de Galicia. O corazón da terra"

Un dos mupis da IXP Castaña de Galicia situados nas estacións de metro de Madrid./ Foto cedida.

 

O selo de calidade Pataca de Galicia promociónase en Madrid. Entre o 21 e o 27 de outubro, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP)  conta con 100 mupis nas estacións de metro da capital española co lema “Para os que non se quedan na superficie. Pataca de Galicia. O corazón da terra”. Trátase dunha “campaña promocional nun mercado onde é moi importante a comercialización de Pataca de Galicia”, explican dende este órgano réctor.

Este é o terceiro ano consecutivo de promoción da IXP Pataca de Galicia en Madrid, “primeiro foron valos situados en puntos estratéxicos da capital, o segundo ano realizouse en autobuses urbanos, percorrendo toda a cidade e nesta ocasión realízase nas estacións máis importante do metro”, indican dende esta entidade.

A mensaxe seleccionada para a campaña é unha dedicatoria a todos os que día a día seguen traballando, mantendo a actividade e favorecendo que todo funcione coa maior normalidade posible nestes momentos tan difíciles.

“Para os que non quedan na superficie” defende “non só aos usuarios de metro senón a todas aquelas persoas que buscan algo máis na súa cesta da compra. Non todo ha de ser prezo ou publicidade, ademais habemos de valorar o traballo dos agricultores, a calidade dun produto único, as posibilidades gastronómicas, o comercio de produtos nacionais para apoiar ao sector agroalimentario, en definitiva é unha mensaxe de apoio para todos os que miran ao futuro e colaboran para facer cada día un pouco mellor a súa contorna e axudar aos que lle rodean”, resaltan denda a IXP Pataca de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button