EconomíaEconomíaÚltima hora

A IXP “Pemento de Arnoia” xa ten consello regulador

Terá carácter provisional e encargarase da posta en marcha da indicación xeográfica ata a celebración do proceso electoral polo que se constitúa o novo órgano de xestión

FernandezCouto1

A reunión de constitución do consello regulador provisional da Indicación Xeográfica Protexida “Pemento de Arnoia”, que foi presidida polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; tiña lugar na mañá do 8 de agosto no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Arnoia.

A aprobación do regulamento da IXP Pemento de Arnoia foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 2 de agosto. Esta IXP protexerá aos pementos que cumpran na súa produción, recolección, almacenamento e comercialización todos os requisitos esixidos polo regulamento aprobado. Así mesmo, as zonas de produción amparadas pertencen ao termo municipal da Arnoia e a parroquia de Meréns, do municipio de Cortegada.

A totalidade da área pertence á Comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense. O número de produtores rolda actualmente os 20, cunhas 2,2 hectáreas e unha produción de preto de 66.000 kg.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button