DeportesÚltima hora

A karateka barquense Lucía Herrero, a única ourensá seleccionada para o campionato de España

A deportista do River Stone participará na categoría júnior feminino -53 kg

Lucía Herrero Valcarce (dereita) durante unha competición. /Foto cedida.

 

Despois do segundo posto no campionato galego celebrado en Ferrol e o seu bo papel na preselección, ganando sen problemas os combates acorde co seu nivel, Lucía Herrero Valcarce participará no campionato de España de karate cadete/ júnior/ sub 21 que se celebrará do 22 ao 24 de novembro en Talavera de la Reina (Toledo).

A karateka barquense do KC River Stone, a única ourensá seleccionada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas, competirá en kumite na categoría júnior feminino -53 kg.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close