DeportesÚltima hora

A karateka barquense Lucía Herrero recibe unha das becas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

É unha dos catro becados por primeira vez pola Secretaría Xeral para o Deporte en kumite

Coa felicitación da secretaria xeral para o Deportes Marta Míguez aos deportistas “por teren conseguido o obxectivo de ser admitidos como bolseiros do centro, cousa que non é doada”, inaugurábase na mañá do 17 de setembro, o novo curso do Centro Galego de Tecnificación Deportiva que este ano conta cun 14% máis de bolseiros.

Entre eles (un total de 101), catro karatekas que reciben por primeira vez a beca. Tres da provincia da Coruña e unha de Ourense. A única ourensá é a barquense Lucía Herrero Valcarce, membro do KC River Stone que leva competindo en kumite dende nena e que este ano cursará 1º de Bacharelato no instituto Sánchez Cantón de Pontevedra.

 

Lucía Herrero nunha competición de kumite.

 

No acto, Marta Míguez animou aos deportistas presentes no inicio do curso a “seguir sendo un exemplo de comportamento e de xogo limpo, de constancia, perseveranza e de respecto ao rival” e lembrou que “desde a Secretaría Xeral para o Deporte estamos tratando de mellorar o deporte galego en todos os seus ámbitos” tanto no relativo a instalacións, competicións e deporte en idade escolar, formación, subvencións a clubes e federacións e apoiando aos equipos de alto nivel para o que “temos no CGTD unha das nosas mellores ferramentas que poremos á vosa disposición para que consigades grandes éxitos dos que Galicia será partícipe e beneficiaria”.

 

Artigos relacionados

Back to top button