DeportesKárateÚltima hora

A karateka barquense Lucía Herrero, seleccionada para o Campionato de España Sénior

Lucía Herrero Valcarce durante un adestramento. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Menos de dous meses despois de participar na liga nacional de karate, Lucía Herrero Valcarce estase xa preparando para unha nova cita española. A karateka barquense é unha dos nove deportistas galegos seleccionados para participar no Campionato de España Sénior e de Para-Karate 2021 que se celebrará a finais de marzo.

As probas de selección tiñan lugar o pasado sábado 6 de marzo no Pavillón dos Tilos, en Teo (A Coruña) cumprindo entre outros requisitos, co de posesión do cinto negro expedido pola RFEK.

Desta volta Lucía Herrero (KC River Stone) competirá en kumite individual feminino -50 kg e tamén en kumite por equipos xunto a Ruth Lorenzo (San Francisco Teo), Sara Vázquez (ESK Narón) e Ariadna Rocha (Bunkai).

 

Artigos relacionados

Back to top button