DeportesKárateÚltima hora

A karateka Lucía Herrero (KC River Stone do Barco), ouro en kumite sub21 no campionato galego

Lucía Herrero Valcarce co chandal da Selección Española de Karate, en Palma del Río./ Foto cedida.

 

No campionato galego de karate non ten rival. Un día despois da concentración coa selección española en Palma del Río, a deportista barquense Lucía Herrero Valcarce (KC River Stone), volvía subir ao podio en Ferrol, desta volta coa medalla de ouro en kumite na categoría sub21.

Este ano, debido á situación sanitaria pola pandemia, as competicións deportivas están suxeitas a moitos cambios e incluso cancelacións. No caso do karate, o campionato galego cadete, júnior e sub21 estaba previsto inicialmente para o 30 de novembro, pero as restricións en Galicia non permitiron celebralo nesa data, quedando aprazado para este domingo 6 de decembro.

E hoxe, Lucía chegaba a Ferrol despois de pasar tres días na localidade cordobesa de Palma del Río onde participou no proxecto mundial Concentración de Kumite Equipos Cadete/ Júnior/ Sub21. Alí adestrou e participou no XI Torneo de Seleccións, despois de quedar ás portas do podio no campionato de España celebrado a finais de novembro. No nacional quedaba ás portas do podio, pero no galego subía ao máis alto.

 

Lucía no alto do podio, co adestrador Nicolás Rodríguez./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button