CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

“A Ladroa da Alegría”, en Trives

A Biblioteca Municipal celebraba cun contacontos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Máis de trinta cativos e preto de vinte pais e nais seguían con atención na tarde do 2 de abril a historia de “A Ladroa da Alegría” no Museo da Escola e Infancia de Trives. Con esta actividade celebrábase na vila o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de “promocionar a lectura entre os máis xóvenes”.

A representación corría a cargo das traballadoras da Biblioteca Municipal trivesa, que contaban tamén coa axuda dalgúns colaboradores. Despois da función, cada un dos nenos asistentes recibía unha “Caixiña das alegrías” como recordo “desta máxica tarde”.

Fotos: cedidas pola Biblioteca Municipal de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button