DeportesÚltima hora

A liga galega da moto de campo chega a Maceda

A sétima proba da competición de enduro celebrarase o 16 de novembro a partires das 11h.
Competición de enduro.
Competición de enduro.

A localidade ourensá de Maceda acollerá o 16 de novembro a liga galega da moto de campo. Como vén sendo habitual, a proba de enduro comezará coas verificacións na xornada do sábado para os pilotos máis madrugadores, continuando o domingo antes de comenzar a proba a partires das once da mañá.

Tal como explican dende Cece Comunicación, a cita consta dun percorrido de 30 quilómetros cun trazado moi diferente aos que ata agora viña utilizando o Moto Club Meda, responsable da organización, realizándose nesta ocasión “entre camiños estreitos e moi revirados que de seguro farán as delicias dos máis “endureiros”. Serán dúas especiais, unha nun campo de herba e outra nas inmediacións do Castelo de Maceda, moi preto do parque pechado da competición.

A proba dará comenzo ás 11h. do domingo, para finalizar ás 17h, estando prevista a entrega de premios para media hora máis tarde no Castelo de Maceda.

Jacobo Méndez, chega como líder do certame seguido moi de preto por Román Pérez e Daniel Mayan que ocupan a segunda e terceira praza provisional na categoría elite.

Artigos relacionados

Back to top button