OurenseÚltima hora

A liga galega de salvamento e socorrismo deportivo en augas cerradas, comeza en Ourense

Na primeira xornada, o Salvour lograban 7 primeiros postos e 3 marcas mínimas para os campionatos de España

 

A piscina Rosario Dueñas do pabellón municipal de deportes de Ourense acollía este sábado 26 de octubro, a primeira xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas cerradas. Alí, os equipos do grupo sur disputaron as probas de obstáculos, lanzamento de corda, rescate con aletas r remolque de maniquí, ademais de diversos relevos combinados masculinos, femininos e mixtos.

O equipo anfitrión, o Salvour, presentou a 28 dos seus deportistas que lograban 7 primeiros postos e 3 marcas mínimas para os campionatos de España. As mínimas para os nacionais foron de Eva Feijóo Gómez nos 200 metros obstáculos cunha marca 2.24:66; de Roi Naranjo Estévez 2:27:00 e de Raúl Civera Corral 2:19:16. Os primeros postos foron para Antía Froufe Fabello, Paula Fernández López, Silvia Fernández López, Jesús Carlos Quintas Barros e Blanca Corrales Gil.

Na clasificación por equipos destacan os segundos postos do Salvour na categorías júnior e máster, e na clasificación xeral final, o equipo ourensán sitúase na cuarta posición do grupo sur con 322 puntos. Os tres primeros postos son para Umia, Vilagarcía e A Estrada.

A segunda xornada de liga será a mediados de novembro nas instalacións do equipo do Umia en Caldas de Reis.

Fotos: Salvour

Artigos relacionados

Back to top button