ConcellosÚltima hora

A limpeza de rabazas no río Sil ao seu paso polo Barco farase a próxima semana

Adiantábao o alcalde barquense, Alfredo García, durante a sesión plenaria celebrada o 4 de xullo
Rabazas no tramo do río Sil ao seu paso polo Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Un ano máis dende o Concello do Barco organizarase a limpeza de rabazas do cauce do río Sil ao seu paso pola praia fluvial do Malecón. Anunciábao o alcalde barquense, Alfredo García, durante a sesión plenaria do 4 de xullo ao responder a unha pregunta formulada polo concelleiro de Riada Cidadá, Félix García Yáñez.

“Xa temos a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para realizar a limpeza, pero nesta fin de semana non vai poder ser ao haber actividades programadas nesa zona. Entón deixarémolo para unha das tardes da semana que vén”, indicaba o rexedor.

Nesta limpeza contarase de novo coa colaboración de voluntarios “darémoslle publicidade ao día no que se faga para que poidan vir, como todos os anos”, indicaba Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button