CulturaCulturaÚltima hora

“A lingua das bolboretas” de Sarabela Teatro, a gran triunfadora dos Premios María Casares

A obra da compañía ourensá faise con catro galardóns, incluíndo o de mellor espectáculo

Escena de “A lingua das bolboretas”.

 

A lingua das bolboretas, unha das últimas obras da compañía ourensá Sarabela Teatro, era a gran triunfadora da gala dos XXV Premios María Casares do teatro galego celebrada na noite deste xoves 9 de setembro na Coruña, alzándose con catro galardóns.

Un total de 13 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce premios nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coa colaboración dediferentes institucións e entidades, e en total, nunha noite moi repartida, nove espectáculos gañaban algún premio. A lingua das bolboretas, levaba o premio ao mellor espectáculo, á mellor dirección (Gonçalo Guerreiro), ao mellor actor secundario (Fran Lareu) e á mellor adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro).

A obra, adaptación do libro de Manuel Rivas, narra a entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; coa que se vai descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

 

Gala dos Premios María Casares.

Artigos relacionados

Back to top button