ConcellosÚltima hora

A localidade barquense de Viloira, en festas

Celebra entre os días 8 e 11 de xuño a Octava do Corpus
Imaxe dun ano anterior procesión da Octava do Corpus de Viloira ao seu paso pola praza./ Foto: Carlos G. Hervella.

Unha semana despois das festas do Corpus que se celebran en moitos pobos, a localidade barquense de Viloira terá os seus propios festexos na honra á Octava. Así, na fin de semana do 8 ao 11 de xuño, a praza convertirase no centro neurálxico dun programa pensado para o desfrute de veciños e visitantes.

Para ir abrindo boca, a verbena do venres estaba amenizada pola discomovida A Boa Festa e xa o sábado pola mañá arrancará a festa propiamente dita con tres sesións musicais amenizadas pola orquestra Breixa Band: a vermú, o baile de tarde e a verbena.

O día grande será o domingo 10 de xuño, unha xornada que comezará en torno ás 10:30h. co pasarrúas do grupo de gaitas Celtas Largos previo á eucaristía que terá lugar ás 12h. na igrexa parroquial. De seguido celebrarse a procesión encabezada polos nenos que unha semana antes celebraron a Primeira Comunión.

Ese día, a música correrá por conta da orquestra Saudade que amenezará a sesión vermú (despois da procesión), a sesión de tarde e tamén a verbena ata altas horas da madrugada. A fin de semana remata aí, pero non as festas que continuará de cara ao luns día 11 con máis actuacións musicais.

Artigos relacionados

Back to top button