Representado como un ancián co hábito da orde e un porco aos seus pés, San Antón Abade foi un monxe cristián fundador do movemento eremítico, considerado avogado dos animais, e patrón entre outras da localidade barquense de Coedo que celebra a súa festa cada 17 de xaneiro.
A novena celebrouse entre o 8 e o 16 ás cinco da tarde, e xa o día propio, hoxe venres 17 de xaneiro, ás 13h. comezaba o acto central: a solemne procesión coa imaxe de San Antón a ombros dos mozos do pobo e a da Virxe a ombros das mulleres, acompañada por unha tirada de bombas de palenque e a música da charanga Río Sil.
Á cita tampouco falta cada ano o posto das tradiconais roscas (ademais doutros doces e pan) á entrada da capela que moitos fegreses pasan pola imaxe do santo para bendecilas. Despois da procesión celebrábase a misa solemne co acompañamento musical da guitarra.
Fotos: Carlos G. Hervella