A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A localidade ruesa de Vilela rende culto á Virxe do Carme

 

Vilela está en festas. Tras dous anos sen celebración, neste 2022 a localidade ruesa recuperaba da man da asociación veciñal, o programa festivo na honra á Virxe do Carme.

 

 

En pleno mes de xullo, as festas arrancaban na noite do venres día 15 coa verbena a cargo da Disco Móvil Chocolate e xa na xornada deste sábado 16 de xullo celebran o día grande. En torno ao mediodía saía a procesión coa imaxe da Virxe por algunhas das rúas do pobo, acompañada pola música do grupo de gaitas de Abertal, rematando o percorrido no exterior da capela de Vilela onde tiña lugar a eucaristía presidida (igual que a procesión) polo sacerdote venezolano Carlos que se encarga das parroquias dea zona de Trives.

 

 

Hoxe, a festa en sesión de tarde e noite correrá a cargo do Trío Expresión e mañá, domingo 17 de xullo, o broche á programación poñeráo o Trío Vaivén animando a festa de tarde a partir das 20 horas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button