En portadaÚltima hora

Punxeiro (Viana do Bolo) prepárase para a XII Festa da Vendima

Esta ruta polas adegas comezará ás sete da tarde do 13 de outubro co pregón co deseñador e estilista Jorge Álvarez
Participantes na pasada edición da Festa da Vendima de Punxeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás para a XII Festa da Vendima de Punxeiro (Viana do Bolo), que se celebrará na tarde do 13 de outubro. Xa dende finais de setembro podían adquirirse as súas entradas de forma anticipada por un prezo de 11 euros (na Ferretería Bibei e Super Triskel de Viana). Ademais poden mercarse o mesmo día da festa (dende as 17h. á entrada da localidade) por 13 euros.

A festa iniciarase ás sete da tarde na praza coa lectura do pregón, desta volta a cargo do deseñador e estilista vianés Jorge Álvarez, ganador neste ano do primeiro premio do Concurso de Xoves Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas. Despois faranse varios recoñecementos a veciños de Punxeiro.

 

O deseñador vianés Jorge Álvarez será o pregoeiro desta edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir de aí comezará a ruta na que se visitarán as adegas, que irán abrindo de tres en tres, seguindo ás charangas Fuego, Achicoria e Pándega. Nelas poderá degustarse viño branco e tinto, xunto con multitude de deliciosos pinchos, algúns fríos e outros quentes, salgados e doces. Cando pechen éstas, abrirán as tres seguintes, nun esquema que se repetirá ata completar o percorrido por un total de vinte adegas.

Xa rozando a medianoite unha tirada de fogos de cores anunciará o cambio de escenario da celebración, que continuará no campo da festa coa actuación de dous grupos: Nebraska e América. Esta XII Festa da Vendima será organizada pola Comisión de Festas de Punxeiro coa colaboración do Centro de Animación de Punxeiro.

Artigos relacionados

Back to top button
Close