CulturaCulturaÚltima hora

A localidade zamorana de Hermisende volve celebrar o Reinado

Situada moi preto do límite coa provincia de Ourense, Hermisende é unha das localidades zamoranas onde aínda se conserva a antiga celebración dos Reinados. Depois de varios anos sen celebrarse, neste Nadal os veciños decidían volver a xuntarse e retomala con banquetes e música.

Así, a festa comezaba na noite do 5 de xaneiro e continuaba ata este luns 7 de xaneiro, día festivo en Castela e León. Nela participaban unhas vinte persoas (homes e mulleres) compartindo xantares e ceas na casa do pobo, e a música tradicional tiña tamén un lugar destacado. Non faltaban as gaitas e os tambores. O máis veterano da celebración era Jesús, con 95 anos de idade.

Fotos: Carlos López.

Artigos relacionados

Back to top button