CulturaCulturaÚltima hora

A longametraxe ourensá “Pelerinaxes” abrirá o III Ciclo de Cine Galego en Bos Aires

Está dirixida polo director italo-ourensán, Simone Saibene

O filme ourensán “Pelerinaxes”, dirixido por Simone Saibene, abrirá o III Ciclo de Cine Galego, na cidade de Bos Aires. O ciclo está organizado pola Cátedra Galicia-América da Universidad Nacional de San Martín e coordinado por Jorge Gil Morabes.

 

Cartel.

 

Este ano está adicado ao cinema documental de autor, e a proxección de “Pelerinaxes” está prevista para o seis de setembro, no Centro Galicia de Bos Aires.

A longametraxe está protagonizada pola actriz Carmen Méndez. Ela encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre na actualidade as oito etapas do camiño para rematar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro. Ademais da actriz Carmen Méndez, o reparto deste filme confórmano tamén Alfonso Míguez, Xoel Yáñez e Isabel Risco.

Artigos relacionados

Back to top button