En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A lousa, dende a canteira á colocación, en televisión española

O último programa de “Comando Actualidad”, titulado “Búscanse obreiros”, achegábase á comarca de Valdeorras con visitas a Irosa e CUFA

Na situación actual da construción centrábase o último programa de “Comando Actualidad”, titulado “Búscanso obreiros”, que emitía La1 de TVE na madrugada do martes 5 de xuño. Entre os sectores abordados estaba o da lousa valdeorresa. A reportaxe comezaba coa saída dos traballadores do sector, ás sete da mañá dende O Barco, para incorporarse ao seu posto do traballo na lousa, continuaba amosando como se extrae esta pedra natural na canteira de Irosa (Carballeda de Valdeorras) e como é o labor nas naves de fabricación contando, por exemplo, en que consiste o traballo dos labradores.

Unha vez preparada a lousa e empaquetada, o seguinte paso é a colocación, normalmente en cubertas ou fachadas. Dende a empresa barquense CUFA, explicábase, da man de Pablo Israel Rodríguez, a importancia que ten a colocación e a estreita relación co material. De aí a importancia de contar con colocadores ben formados. Asemade víase como se vai formando, paso a paso, unha cuberta de lousa cunha visita a unha obra en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

 

Nesta galería de fotos poden verse diversos momentos do programa.

A reportaxe pode verse en:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/comando-actualidad/

Artigos relacionados

Back to top button