CulturaEducaciónÚltima hora

A Ludoteca-Campamento Urbano 2020 de Verín continúa coa súa programación

As actividades estanse a desenvolver baixo estritas medidas de seguridade

Publicidade
Algúns dos nenos do campamento municipal. / Foto: cedida.

 

Os nenos do campamento municipal de Verín continúan gozando dunha variada axenda de actividades. Nas últimas semanas, os cativos participaron en xogos de auga, de obstáculos, malabares, sesións de contacontos e obradoiros de elaboración de macetas, mesas de palés, creación de monstros de cores e plantación de sementes. Tamén fixeron un mural con estampación das mans e visitaron o skatepark, as piscinas descubertas do complexo deportivo de A Granxa e tiveron unha excursión ao río Támega.

 

Imaxe tomada no momento da toma da temperatura. / Foto: cedida.

 

Toda a programación realizase cumprindo estritamente as medidas hixiénico-sanitarias para evitar a propagación do coronavirus e a aparición de novos brotes. Tanto os nenos como os monitores teñen á súa disposición xel hidroalcólico e alfombras desinfectantes. O uso de mascarilla é obrigatorio e compróbase a temperatura tanto á entrada como á saída do campamento.

Artigos relacionados

Back to top button