OurenseÚltima hora

A Ludoteca de verán de Verín celebra San Fermín por sétimo ano consecutivo

A actividade adiantaráse a este venres 5 de xullo debido a que a festividade oficial coincide en domingo

A Ludoteca de verán de Verín celebra por sétimo ano consecutivo a festividade de San Fermín. Aínda que a celebración oficial coincida en domingo, adiántase a mañá venres, día 5 de xullo, de 11:00h a 13:00h. Así, terá lugar no colexio infantil Amaro Refojo e participarán máis de un centenar de menores de entre 3 e 13 anos.

 

Unha das edicións pasadas da festividade.

 

 

Esta actividade constará dunha xincana con diferentes probas cuxo obxectivo é a conciliación, a coeducación e a diversión no período vacacional. Ademais, os nenos e nenas irán vestidos de branco co pano vermello, como manda a tradición.

 

Texto: Alba Prada

Fotos: Cedidas

Artigos relacionados

Back to top button