CulturaCulturaÚltima hora

A Ludoteca e o Campamento urbano de Verín recuperan a festividade do San Fermín

Publicidade

 

O xoves día 7 de xullo máis de 170 menores integrantes dos servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participarán nunha divertida xornada de xogos que terá como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma terá lugar no CEIP Princesa de España.

A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera esta actividade tras dous anos de parón por mor da pandemia.

O Gran Xogo de San Fermín

Unha xincana con diferentes probas: correr detrás do touro para intentar colocarlle o rabo ou saltar a comba cantando a canción de San Fermín serám algunhas das probas preparadas para que os cativos pasen unha mañá divertida celebrando esta festividade. Para seguir coa tradición, os nenos e nenas irán vestidos de branco coa pañoleta vermella. Por suposto que tamén haberá pregón e chupinazo.

Contarase con dous touros: un minitouriño para os pequenos e un touro para os rapaces e rapazas do campamento urbano e maiores da ludoteca.

 

 

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán e do Campamento Urbano, destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, ludoteca; e os 11 a 14 campamento urbano. Ambas actividades son organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil, área de Mocidade do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button