CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A lusofonía chega ás Terras de Caldelas

Velusa, recanteira no “Luar” representando a Portugal Norte, será apoiada no plató no vindeiro programa polos veciños de Castro Caldelas, Parada de Sil, Río, Montederramo, Trives, Queixa e A Teixeira
Veciños da parte oriental da provincia de Ourense apoiando a Velusa durante a segunda fase do concurso./ Foto cedida.

Veciños de Castro Caldelas, Parada de Sil, San Xoán de Río, Montederramo, Chandrexa de Queixa, A Teixeira e da Pobra de Trives desprazaranse este vinderio venres 22 de febreiro ó plató 1000 de Santiago de Compostela para apoiar a Velusa.

Velusa é recanteira no programa Luar da Tvg representando Portugal Norte. A rapaza portuguesa está vencellada ás terras caldelás dende os 6 anos, cando mudou o seu lugar de residencia, integrándose como unha máis e vencellada a moitos proxectos culturais da comarca.

Este venres vai a deleitar de novo coa súa voz, estando xa na terceira fase e continuando con todo o seu talento demostrando a gran artista que é. Dende que comezou o concurso televisivo Velusa está moi arroupada pola súa xente conseguindo que a artista se sinta nunha marea de sentimentos positivos e emocionantes.

Nesta terceira fase, Velusa tentará clasificarse para aumentar os recordos que sempre quedarán no seu corazón, porque ela co apoio e cariño que recibe nas terras de Caldelas xa conseguíu algo mais importante ca victoria no concurso.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button