CulturaEducaciónÚltima hora

A maior feira científica de Galicia chega a Verín

Alumnos de Xinzo, A Gudiña e Verín asistirán ao espectáculo da Galiciencia no IES García Barbón
Un dos momentos do espectáculo científico celebrado no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos do espectáculo científico celebrado no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Primeiro foi Ourense, despois O Barco de Valdeorras e mañá, xoves 9 de abril será Verín o concello que acolla o espectáculo científico que o Parque Tecnolóxico de Galicia–Tecnópole organiza no marco do programa de actividades de celebración do décimo aniversario da maior feira científica de Galicia, a Galiciencia.

Máis de 300 alumnos de centros dos concellos de Xinzo, A Gudiña e Verín asistirán no IES García Barbón a un espectáculo científico que lles permitirá coñecer os fundamentos da luz a través de experimentos espectaculares.

Grazas ao espectáculo que se desenvolverá en tres sesións: ás 10, ás 11:15 e ás 12:30h. os asistentes terán a resposta a preguntas como ¿por que un raio láser non é capaz de atravesar un refresco de cola?, ¿como podemos ver as bacterias que hai nunha gota de saliva? ou ¿Como se fabrican os fogos artificiais?

Artigos relacionados

Back to top button