EconomíaEconomíaÚltima hora

A maior parte dos comercios do Barco CCA abrirán as portas o 11 de maio

Sen embargo, as empresas da hostalaría asociadas non se plantexa volver a funcionar ata xuño

Labores de limpeza en Comercial Vedo, nun dos comercios do Barco CCA que ten previsto reabrir na vindeira semana./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Malia que moitos xa cumprían cos requisitos para poder volver a abrir as portas o 4 de maio, a maior parte dos negocios asociados ao Barco Centro Comercial Aberto decidían aproveitar esta semana para preparar e poñer a punto os seus negocios e comezar a funcionar con plenas garantías de seguridade a partir do 11 de maio.

Entre os que si levantaron a persiana o pasado luns 4 de maio, tal e como confirman dende o CCA, están establecementos como Ana Óptica (teléfono 988 68 42 06), Costuritas (con cita previa para arranxos de costura e de máquinas de coser, así como para entrega de encargos), Deportes Tri-Sport (con cita previa, 988 684 191), Novoa Sistemas Informáticos (679 84 70 37), Tintorería-Lavandería Servimat (988 326 454, cun horario reducido) e Seguros Juan Allegue (988 682 426). Aínda así, non se descarta que algún outro comercio poida reabrir nesta semana.

Os que polo momento non pensan aínda en retomar a actividade son os establecementos de hostalaría asociados ao CCA. A data que barallan, nun principio, é a do mes de xuño.

 

Ana Óptica, un dos establecementos que veñen de reabrir nesta semana./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button